A Coruña, TERRA DE ASILO

Propoñemos que A Coruña se constitúa en terra de asilo e promova que outras cidades do Estado o fagan.

Nestes intres no que as persoas refuxiadas acoden a Europa dende Oriente Próximo, dende África e son recibidos con violencia, golpes, valos de espiño, xenofobia, tráfico de seres humanos. E a falta do máis elemental respecto dos dereitos humanos e dos acordos internacionais de protección ás persoas refuxiadas.

Nestes intres no que as imaxes de persoas mortas en camións nun novo Auschwitz, nun novo Argelés sur Mer, criaturas que choran chamando polos seus pais mentres estes son golpeados, mulleres atravesando murallas de valos concertinas e fuxindo dos depredadores que as atacan, miles de persoas desesperadas que morren afogadas no Mediterráneo sacúdenos a conciencia con horror de velo pouco que somos e o desprezo absoluto con que nos miran los poderosos.

Porque nós somos eles. Queremos rachar o silencio e a falla de solidariedade na que nos movemos no medio de tanto horror e que A Coruña se constitúa en terra de asilo e promova que outras cidade o fagan.

Sabemos as causas polas que temos chegado a un capítulo máis desta situación, pero é o momento de protección e de solidariedade

Poñémonos a disposición das autoridades da cidade para axudar co noso esforzo a organizar o proposto, sen ningún ánimos de protagonismo, que o cedemos, porque pensamos que é reponsabilidade de todos


Se estás dacordo coa proposta:

  • Pásao á asinar a todas las organizacións que consideres.
  • Pásao a través dalgunha plataforma de internet para recoller sinaturas individuais.
  • Leva o escrito a tódolos partidos e organizacións sociais
  • Levémolo ao rexistro do Municipal do Concello e Delegación do Goberno

Si queres recibir información da campaña que estamos organizando
envíanos unha mensaxe titulada 
"EU APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS" a ac.sos.dd.migrantes@gmail.com


Mayor indefensión ante los mismos recortes
Patxi Hurtado, director de Ecos do Sur


Non discricminación nos servicios sociais.
Campaña da asociación ATLAS: "Eu tamén son de Igualada: cambia o chip"

En relación cos RECURTES ORZAMENTARIOS E DE DEREITOS SOCIAIS que afectan ao colectivo de persoas migrantes e a outros grupos sociais de forma especial, indicar que:

As axudas sociais son claramente insuficientes no conxunto das Comunidades Autónomas. No caso da Galiza son somentes dúas: as chamada Axudas de Inclusión Social, que teñen a limitación de poder solicitarse só nunha ocasión ao longo do ano por cada persoa ou familia.

A outra axuda é a chamada RISGA (Renda de Inserción de Galicia), que só perciben na actualidade 8.500 persoas na Galiza, cando o nivel de pobreza chega a preto das 500.000 persoas neste Territorio. A limitación proven do longo proceso de tramitación e tamén do feito de que só unha de cada catro solicitudes son finalmente aceptadas, pola dificultade do cumprimento dos requisitos ou pola interpretación que se fan dos mesmos. Tamén existe unha obvia limitación orzamentaria por tratarse dunha axuda graciable e non dun dereito cidadá.

Por outra banda, a recentemente aprobada Lei de Racionalización do Réxime Local compromete de forma clara o acceso ao servizos de benestar social das persoas que habiten en concellos de menos poboación; vai supor unha diminución moi importante dos profesionais que no ámbito público se adican a estes servizos básicos; por último, abre a porta a un novo proceso de privatización de servizos de benestar social que eran públicos, coa conseguiente perda de eficacia dos mesmos.

  • Por iso, solicitamos a necesidade de implantar unha renda básica das iguais, a nivel do conxunto do Estado Español, que supere as limitacións das rendas de inserción que xestionan as diferentes administracións autonómicas. Solicitamos tamén que estas rendas, mentres tanto, cheguen sin limitacións ao conxunto de persoas que as precisen.
  • Solicitamos tamén a non aplicación e a derogación da Lei de Racionalización do Réxime Local, para garantir o mantemento duns servizos mínimos de benestar social para o conxunto da cidadanía sin discriminación algunha.
  • Comprometémonos como Foro Galego de Inmigración na promoción da Iniciativa Lexislativa Popular sobre a Renda Básica das Iguais e, tentando a coordinación cos colexios profesionais implicados, a denuncia das limitacións da RISGA e das vulneracións de dereitos sociais que se están a producir.