Adama: Derecho al trabajo


Elena Maison: abusos laborales y esclavitud

En relación coas REFORMAS LABORAIS E A EXPLOTACIÓN LABORAL, indicar que constatamos un deterioro importante dos dereitos laborais do colectivo de persoas migrantes, como consecuencia das sucesivas reforma laborais dos últimos anos. Constatamos tamén o aumento das situacións de explotación laboral d@s traballador@s migrantes, nomeadamente no campo do chamado emprego doméstico, e en sectores como o agrogandeiro, forestal, pesqueiro ou na hostalería.

  • Por iso, solicitamos, o reestablecemento dunha lexislación laboral que garanta os dereitos d@s traballador@s e o desenvolvemento das inspeccións de traballo como medio efectivo para a loita contra a explotación laboral.
  • Como Foro Galego de Inmigración, propoñemos tamén unha Xuntanza coa Inspección de Traballo onde tratar tódalas vulneracións que se dan no eido laboral e buscar alternativas para loitar contra as mesmas.